Monday 06 de May de 2024

O Concello asina con Ecoembes un convenio de colaboración para adquirir contedores de recollida selectiva de envases lixeiros, papel e cartón


• O contrato de adxudicación conta cun valor de 6.099,88 euros.

• Repartiranse 15 recipientes para envases lixeiros e 3 para papel e cartón.

O Concello de Ortigueira dá un paso máis na súa firme aposta polo respecto, coidado e preservación do medio ambiente, á súa vez que continúa a súa liña de concienciación sobre a importancia de separar os residuos urbanos.

Por iso, a Adminstración local asinou con Ecoembes un convenio de colaboración para a adquisición de contedores de recollida selectiva de envases lixeiros, papel e cartón.
O contrato de adxudicación conta cun valor de 6099,88 euros, e repartiranse 15 recipientes para envases lixeiros e 3 para papel e cartón ao longo do termo municipal.

O edil de Medio Ambiente, José Luis Pérez, sinala a importancia de “incrementar ou mobiliario correspondente para poder executar esta tarefa”, á vez que sinala que “un pequeno xesto dun cidadán pode supoñer unha acción moi grande para ou noso planeta, e nesta liña debemos ir”, asegura.